Campañas

Traballadores Autónomos

Portal de prevención de riscos laborais para os traballadores autónomos.

PRL na actividade forestal: alertas ISSGA

Presenáronse no marco dunha xornada técnica no  Centro Issga de Lugo diversos documentos técnicos elaborados polo ISSGA en relación coa prevención de riscos laborais na actividade forestal.

Campaña de boas prácticas na industria conserveira para previr os riscos laborais

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguriadade e Saúde Laboral (ISSGA), vén de poñer en marcha unha campaña de boas prácticas na industria conserveira para fomentar a prevención dos riscos laborais neste sector.

Campaña sobre os perigos do manexo do tractor e dos seus aparellos

A actuación pretende alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros e achegar á poboación recomendacións básicas para evitar ou minimizar ao máximo os accidentes neste tipo de vehículos.

Campaña chaleco salvavidas

A campaña consiste na difusión de material informativo sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas e a súa correcta colocación. En concreto trátase de explicar cales son os motivos para utilizar o chaleco salvavidas, indicar a necesidade de elixir o axeitado en función das circunstancias existentes, incidir na importancia de utilizalo mentres se traballa na cuberta da embarcación, dar indicacións básicas sobre o almacenamento e mantemento e unha especial referencia á correcta colocación.

Campaña Europea 2014-2015 Traballos saudables “Xestionemos o estres”

A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo inaugurou a nova Campaña Europea bienal 2014-2015 sobre riscos psicosociais baixo o lema Traballos saudables “Xestionemos o estres”, e con iso abriuse a XII convocatoria de Galardóns Europeos ás Boas Prácticas.