Campañas

Tod@s actitude sen risco

Campaña que se levará a cabo nos centros especiais de emprego asociados a Cegasal e que ten por obxecto ofrecer en cada centro de traballo información práctica sobre prevención de riscos laborais.

PRL na actividade forestal: alertas ISSGA

Campaña con diversos documentos técnicos elaborados polo ISSGA en relación coa prevención de riscos laborais na actividade forestal.

Campaña de prevención de riscos no tractor

O obxectivo principal desta actuación é concienciar e reducir a sinistralidade neste sector, especialmente no campo rural, sensibilizando á poboación para que incorpore nas súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas.

Laboratorio de referencia de hixiene analítica

O ISSGA pon a disposición dos/as interesados/as o servizo consistente na realización de determinacións analíticas de mostras ambientais e biolóxicas procedentes da exposición a axentes químicos. Este servizo lévase a cabo a través do Laboratorio de referencia de hixiene analítica, situado no centro do ISSGA en Pontevedra.

Campaña de mellora da calidade da información dos partes de accidentes de traballo

O obxectivo da campaña, en colaboración coa Colexios Oficiais de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, de Lugo e de Pontevedra, é incrementar o máis posible a mellora da información que debe figurar nos distintos campos do parte de accidente de traballo, para conseguir que sexa real, veraz e o máis comprensible posible.

Protección da maternidade

O obxectivo da campaña é proporcionar unha ferramenta para fomentar o coñecemento das obrigas do empresariado e dos dereitos das traballadoras relativas á protección da maternidade.