Campañas

Protección da maternidade

O obxectivo da campaña é proporcionar unha ferramenta para fomentar o coñecemento das obrigas do empresariado e dos dereitos das traballadoras relativas á protección da maternidade.

Móvete

Móvete! E reduce o sedentarismo na oficina é unha campaña dirixida a que os traballadores e traballadoras adquiran unha serie de hábitos e pautas saudables para reducir o sedentarismo no traballo fomentando un estilo de vida máis saudable e, polo tanto, un emprego de calidade.

Tod@s actitude sen risco

Campaña que se levará a cabo nos centros especiais de emprego asociados a Cegasal e que ten por obxecto ofrecer en cada centro de traballo información práctica sobre prevención de riscos laborais.

Amianto

Aínda que en España está prohibida a utilización e comercialización do amianto dende o 14 de decembro de 2002, e no ámbito da Unión Europea prohibiuse a utilización de todo tipo de amianto dende o 1 de xaneiro de 2005. O amianto, que foi amplamente utilizado no pasado, continúa formando parte de numerosos materiais presentes en edificios, instalacións industriais, maquinaria, vehículos de transporte...

Prevención nos postos de traballo en carnicerías, chacinerías e peixarías

O seu obxectivo é concienciar aos traballadores e traballadoras da importancia da prevención de riscos laborais e, polo tanto, da implantación de boas prácticas relacionadas coa saúde o benestar no eido laboral.

Traballadores Autónomos

Portal de prevención de riscos laborais para os traballadores autónomos.