Campañas

Teletraballa con prevención

Co obxecto de que este traballo a distancia se leve a cabo dentro das mellores condicións posibles de seguridade e saúde, o ISSGA levará a cabo esta campaña de sensibilización para facilitar as recomendacións e as medidas preventivas máis apropiadas para desenvolver esta actividade nas mellores condicións posibles.

Amianto

Aínda que en España está prohibida a utilización e comercialización do amianto dende o 14 de decembro de 2002, e no ámbito da Unión Europea prohibiuse a utilización de todo tipo de amianto dende o 1 de xaneiro de 2005. O amianto, que foi amplamente utilizado no pasado, continúa formando parte de numerosos materiais presentes en edificios, instalacións industriais, maquinaria, vehículos de transporte...

A túa vida, sen voltas

Esta campaña realizada polo ISSGA en colaboración co INSST promove o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal.

Posición neutra de traballo en posición sentado

Prevención de TME e sobreesforzos

No ámbito laboral, os trastornos músculo esqueléticos TME son unha das enfermidades máis frecuentes e supoñen un importante problema de saúde, tanto polo custo na calidade de vida das persoas como polo custo económico e social que supón para as organizacións.

Campaña Adeus Estrés!

O obxectivo específico desta campaña é facilitar consellos e medidas para o recoñecemento dos sinais do estrés: emocionais, cognitivos, conductuais e fisiolóxicos, así como exemplos de pautas no ámbito individual para unha mellor xestión do risco na poboación traballadora galega.

Tod@s actitude sen risco

Campaña que se levará a cabo nos centros especiais de emprego asociados a Cegasal e que ten por obxecto ofrecer en cada centro de traballo información práctica sobre prevención de riscos laborais.