Prevencion10.es


Prevención10

Máis dun millón de pequenas empresas son unha parte esencial do tecido empresarial do noso país, xa que empregan á cuarta parte da poboación traballadora. Nelas, a prevención de riscos laborais é fundamental xa que concentran unha parte importante dos accidentes laborais. Para estas empresas, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, coa colaboración de todas as Comunidades Autónomas, puxeron en marcha un servizo gratuíto de asesoramento público ao empresario en materia de prevención de riscos laborais.

Prevencion10.es

Agora, dunha maneira  moi sinxela poderás integrar a prevención dos riscos laborais no sistema xeral de xestión da túa empresa, evitando custos, danos  aos  traballadores e baixas laborais, o que aumentará a produtividade do teu negocio.

Dentro do asesoramento que vén realizado o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) a través do servizo público PREVENCION10.es podemos atopar as seguintes:

  • Avalía-t: ten por obxecto o establecemento do plan de prevención, a avaliación de riscos e a súa planificación nas empresas de menos de dez traballadores
  • Stop riscos laborais: consiste nun servizo telefónico de asistencia e orientación á pequena empresa. 901 25 50 50
  • T-formas: destinada a facilitar ao empresario o cumprimento das súas obrigacións, permitíndolle complementar a súa formación en materia preventiva e, en particular, sobre a prevención dos riscos específicos da súa actividade.
  • Autoprevent: con ela facilitarase aos traballadores autónomos sen empregados ao seu cargo o asesoramento técnico necesario para o cumprimento dos seus deberes en materia de prevención de riscos laborais e promoverase formación adaptada ás peculiaridades deste colectivo.

Na seguinte ligazón pode acceder á web de Prevencion10.es e obter máis información.