Plan de actuación 2016


Os estatutos do ISSGA establecen que o instituto desenvolve as súas actividades consonte o establecido no seu plan de actuación, como instrumento fundamental para dar cumprimento aos fins e desenvolver as funcións que lle son propias, no marco da estratexia que nesta materia adoptan os poderes públicos da Comunidade Autónoma.

Así, é obxecto do plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas que se dirixen á promoción, información, formación e seguimento e control en materia de seguridade e saúde laboral.

O plan anual de actividades do ISSGA debe conter os seguintes elementos:

  • A definición dos obxectivos e resultados que se deban acadar.
  • A asignación ás distintas unidades do desenvolvemento dos programas previstos para acadar os obxectivos marcados.
  • Os recursos persoais, materiais e orzamentarios para a consecución dos obxectivos e dos resultados.

Polo exposto, este plan de actuación ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións a desenvolver polo organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o ano 2016, cunha dobre finalidade:

a) Por unha banda, servir de guión ao Instituto sobre las accións a desenvolver durante o ano 2016.
b) Pola outra, dar a coñecer coa máxima transparencia a todas as persoas e entidades interesadas as accións que o Instituto pretende desenvolver durante este ano.

Entre as actividades que se programan neste plan hai iniciativas novas que teñen unha duración limitada no tempo, que pode ser anual ou nalgúns casos plurianual; outras que supoñen a continuación de actividades iniciadas en anos anteriores, e outras que constitúen actuacións de carácter permanente do Instituto de acordo coas funcións que ten encomendadas segundo o establecido na súa lei de creación e nos seus estatutos.

Este plan aprobouse na reunón da Comisión de Goberno do ISSGA que tivo lugar o día 18 de abril de 2016, segundo consta na acta da devandita xuntanza.