Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo [2017 – 2020]


No ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia resulta imprescindible dispoñer dunha estratexia de seguridade e saúde no traballo que desenvolva coherentemente e de xeito coordinado as políticas e as actuacións en materia de prevención de riscos laborais que se exercen no noso territorio, de acordo co marco normativo e competencial existente.

Tanto o Goberno galego como os interlocutores sociais teñen o firme compromiso de colaborar na consecución duns mellores niveis de seguridade e saúde no traballo para os traballadores e as traballadoras, así como da mellora da calidade da xestión no eido da prevención de riscos laborais, co fin de reducir a sinistralidade laboral no ámbito da nosa comunidade autónoma.